17/11/2011.

Feafes Galicia estrena aplicación informática para la gestión de servicios

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia estrá a desenvolver unha nova aplicación informática para a administración interna e a  xestión dos servizos de atención aos usuarios.

A posta en marcha desta nova ferramenta e posible grazas a unha subvención da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para o “Desenvolvemento dunha aplicación de xestión para Feafes Galicia”, que consiste na análise, deseño, implementación e implantación dunha aplicación informática.
   
En concreto, trátase dun proxecto cofinanciado con fondos europeos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Estas subvencións están destinadas a actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información.

Os membros da xunta directiva e os 21 traballadores da entidade xa coñecen a nova aplicación e recibiron un manual para o seu uso. Ademais, realizaronse sesións formativas dirixidas a todos os usuarios da ferramenta informática dos cinco centros de traballo de FEAFES Galicia.

Compartir contenido