20/12/2011.

Feafes Galicia forma a 60 persoas a través dos Programas Integrados de Emprego

curso_integrados.jpg

Feafes Galicia está a levar a cabo o Proxecto Orla, incluído dentro dos "Programas Integrados de Emprego", desenvoltos pola Consellería de Traballo e Benestar, e que vai permitir formar a 60 persoas con enfermidade mental.

Esta iniciativa vai dirixida a persoas desempregadas, preferentemente perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego e pertencentes aos colectivos sinalados como prioritarios na definición anual do Plan de acción para o emprego.

As actividades estanse a desenvolver nas catro provincias galegas con 15 participante en cada unha delas e o obxectivo é acadar a inserción laboral dos demandantes que participen no proxecto.

A semana pasada deron comezo as accións formativas co curso de "Motivación e Técnicas de Búsqueda de Emprego" nas cidades de Vigo, Santiago, Lugo e Ourense. Ademais de formación,  o programa inclúe intermediación laboral e apoio e seguimento individualizado no posto.

Un dos aspectos novidosos do proxecto é que porá a diposición dos participantes o cheque de inserción laboral, que permitirá acceder a formación privada, financiar prácticas non laborais en empresas ou sufragar formación complementaria que posibilite aumentar a súa empregabilidade.

Compartir contenido