22/12/2011.

Feafes Galicia participa no calendario ‘Xuntos Podemos’

Feafes Galicia participa este ano no calendario solidario ‘Xuntos Podemos’, con outras 11 entidades non lucrativas e en colaboración co equipo de baloncesto C.A.B. Obradoiro. Cada mes do almanaque está dedicado a unha asociación e está ilustrado cunha imaxe dun dos xogadores do combinado santiagués.

No caso de Feafes Galicia, aparece no mes de setembro xunto ao capitán do clube, o arxentino Tuky Bulfoni. As persoas interesadas en adquirir un dos calendarios, que se venden a 5 euros, poden poñerse en contacto con Feafes a través do teléfono 981 554 395.

O almanaque foi realizado baixo a dirección artística do creativo Miguel Conde e con fotografías de Jacobo Gayo. Os fondos recaudados repartiranse entre Feafes Galicia, Xuntos Podemos e as outras entidades participantes: Mans Unidas, a residencia San Marcos, o albergue San Francisco, a Fundación Andrea, a Escola Camilo José Cela, Mi Perú, Vagalume, a Cociña Económica, o Banco de Alimentos e a Fundación Down Compostela.

Compartir contenido