SENSIBILIZACIÓN

Actos polo 30 aniversario de Doa

DATA: Marzo, abril e maio

LUGAR: Vigo e Cangas

PREZO:

Para conmemorar os seus 30 anos de historia, a asociación de saúde mental de Vigo e Cangas ten prevista unha completa axenda de actividades. Tras dar o pistoletazo de saída ao seu aniversario cunha xornada de portas abertas e un acto institucional o 16 de febreiro, estas son as actividades que Doa ten previstas para os próximos meses:

24 de marzo: Mesa informativa sobre saúde mental no edificio do Concello de Cangas do Morrazo

6 de abril: Mesa informativa sobre saúde mental no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

11 de abril: Mesa informativa sobre saúde mental no entorno do mercado de Cangas do Morrazo

18 de abril: Clase maxistral do chef Pepe Vieira a usuarios da asociación Doa

28 de abril: Charla "Doa, 30 años en saúde mental. De onde vimos e cara onde imos", na que participarán persoas relacionadas co nacemento de Doa, así como traballadores e responsables da entidade na actualidade. De 11:30 a 13:30 no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo

5 de mayo: Mesa informativa sobre saúde mental no Hipermercado Alcampo de Coia en Vigo

19 de mayo: Xornada na Sala de Conferencias de Abanca en Vigo

22 de mayo: Inauguración da exposición de obras os usuarios de Doa na Casa da Xuventude de Vigo ata o 10 de xuño

Máis información en www.asodoa.org.
Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.