SENSIBILIZACIÓN

Baixo o mesmo paraugas

DATA: 3 decembro 2019

HORA: 12:00

LUGAR: Varios

PREZO: Gratuito

Un ano máis, o próximo 3 de decembro chega “Baixo o mesmo paraugas”, unha iniciativa que reunirá a nada menos que a 78 entidades sociais de toda Galicia para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Nesta cuarta edición, a forza do movemento asociativo chega por primeira vez a todas as provincias galegas, con actos o 3 de decembro ás 12:00 en A Coruña, Vigo, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. 

Desde as asociacións galegas que traballamos no ámbito da discapacidade, queremos animar a toda a cidadanía a acudir a esta actividade cun paraugas de cores para visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

“Baixo o mesmo paraugas” conta coa colaboración da Deputación de A Coruña, Deputación de Pontevedra, Deputación de Ourense, Concello de A Coruña, Concello de Vigo, Concello de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Lugo e Concello de Ourense, ademais da axencia de fotógrafos Nós Why Not, a empresa Ezpeleta, a asociación Zona Comercial Obelisco e o Porto de Vigo.

Colle o teu paraugas e únete ao noso movemento polas persoas con discapacidade. Esperámoste!


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.