FORMACIÓN

Curso “Cociña: menú diario”

DATA: 6 setembro - 29 novembro

HORA: 17:00 - 20:00

LUGAR: Oficiña Municipal de Teis

PREZO: 6€


O curso “Cociña: menú diario” está organizado por FEAFES Vigo dentro do programa Conectadas 2017, financiado pola Deputación de Pontevedra e xestionado polo Servizo de Igualdade e a empresa adxudicataria Forox Innovación, S.L. – Marexada Deporte, Lecer e Cultura, S.L.

A acción formativa terá unha duración de 35 horas que se desenvolverán todos os mércores dende o 6 de setembro ata o 29 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00. Realizarase na Oficina Municipal do Distrito de Teis, situada no Camiño Maceiras s/n.

Os alumnos do curso terán a oportunidade de coñecer as normas básicas de hixiene e seguridade alimentaria, aprender a mercar e seleccionar os artigos que se utilizarán nos menús e practicar técnicas para a correcta elaboración de receitas variadas, ademais de sensibilizarse acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Durante o transcurso do curso, facilitarase o seguinte material:

  • Material de escritorio: carpeta, bolígrafo e folios
  • Material didáctico: manual específico, guía didáctica da acción formativa e fotocopias 
  • Equipamento específico: enxoval de cociña
  • Material de demostración que precise o persoal docente para o correcto desenvolvemento da acción formativa, ademais de mandís e gorros
Neste obradoiro, o persoal docente achegará os alimentos necesarios para a demostración. De quereren facer elaboracións propias para o seu consumo, as persoas participantes deberán levar máis cantidade de alimentos. 

Cómpre destacar o agradecemento á Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, especialmente ao Servizo de Participación Cidadá e aos seus técnicos, por colaborar con FEAFES Galicia en todo momento e ceder gratuitamente a aula para a realización do curso.

Inscricións

Para inscribirse neste curso é obrigatorio pórse en contacto con Tania Losada, responsable do Servizo de Ocio, Deportes e Respiro Familiar de FEAFES Vigo, servizo dentro do que se engloba dita actividade. 

As prazas son limitadas e ocuparanse por rigoroso orde de inscrición. O mínimo de prazas que se deberán cubrir son 15 e o máximo 20. Igualmente, o 75% das prazas están reservadas para mulleres. 

As persoas participantes no obradoiro deberán aboar unha cantidade de 6 euros. Este diñeiro non se devolverá a non ser que a baixa na acción formativa sexa por causas de forza maior, sempre acordado e mediado coa persoa responsable de FEAFES Galicia.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.