OCIO E DEPORTES

Curso de cociña e alimentación: Hábitos Saudables

DATA: 26 setembro - 28 novembro

HORA: 16:45

LUGAR: Teis, Vigo

PREZO: 6€

O curso “Cociña e Alimentación: Hábitos Saudables” é unha acción grupal dirixida a mellorar as habilidades de autocoidado e a promover estilos de vida saudables entre as persoas con problemas de saúde mental. Esta actividade está englobada dentro do programa Conectadas 2018, financiado pola Deputación de Pontevedra, e nela participarán un total de 20 persoas das cales o 75% das prazas están reservadas para mulleres.

A acción formativa terá unha duración de 35 horas que se desenvolverán todos os mércores dende o 26 de setembro ata o 28 de novembro, en horario de 16:45 a 20:15. Realizarase na Oficina Municipal do Distrito de Teis, situada no Camiño Maceiras s/n.

Os alumnos do curso terán a oportunidade de aprender a preparar receitas de cociña saudables e a cociñar diferentes alimentos para que non perdan as súas propiedades naturais. Tamén adquirirán habilidades para mellorar o autocoidado e poder xerar estilos de vida saudables, así como poderán coñecer as normas básicas de hixiene e seguridade alimentaria para cociñar. Outro obxectivo integrado nesta acción formativa será sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Cómpre destacar o agradecemento á Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, especialmente ao Servizo de Participación Cidadá e aos seus técnicos, por colaborar con Saúde Mental FEAFES Galicia na cesión gratuíta da aula para a realización do curso.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.