FORMACIÓN

Curso online: Abordaxe integral da depresión e condutas suicidas

DATA: 7 - setembro 15 decembro 2020

LUGAR: Online

PREZO: 35 €

A Fundación Lar Pro Saúde Mental de Vilagarcía de Arousa, en colaboración cos Laboratorios  Janssen, ofrece o Curso de formación online: “Abordaxe integral da Depresión: repaso conceptual da Depresión, tratamento multidisciplinar e enfoque das condutas suicidas”, que se impartirá do 7 de setembro ao 15 de decembro de 2020 por parte de profesionais da saúde mental.
 
Esta formación, a través da cal se poderá obter un certificado acreditativo emitido por Lar Pro Saúde Mental, busca contribuír á prevención e detección de síntomas de depresión e de condutas suicidas na poboación xeral. O curso consta de 80 horas e ten un prezo de 35€. As inscricións deberán facerse a través do email fundacion@lar.org.es ata o 5 de setembro. 

Depresión e suicidio

As alteracións depresivas atópanse entre os trastornos mentais máis prevalecentes, pois a OMS estima que máis de 120 millóns de persoas teñen este tipo de trastornos no mundo. Pola súa banda, o suicidio, a miúdo relacionado coa depresión, supón un problema de saúde pública de primeira orde, habendo unha taxa de risco de suicidio superior aos 30 por cada 100.000 persoas en idades avanzadas.

A investigación avala que é posible previr estas problemáticas mediante a detección precoz e intervencións eficaces, evitando así o grave sufrimento que provocan tanto na persoa como na súa contorna. Esta prevención require dun enfoque global, multidisciplinario e multisectorial.

Máis información, aquí.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.