SENSIBILIZACIÓN

Festival BRIÓN Inclúe

DATA: 18 - 24 novembro 2019

LUGAR: Centro Social Polivalente de Brión

PREZO: Gratuíto

O Festival BRIÓN Inclúe é un festival de artes pola inclusión social, un punto de encontro para que toda a cidadanía do Concello de Brión teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras. Na súa programación teñen cabida propostas artísticas de colectivos que traballan a prol da inclusión a través das artes, sen esquecer a calidade e o interese artístico dos proxectos participantes.

Este ano celébrase a segunda edición do festival, que terá lugar entre o 18 e o 24 de novembro de 2019 no Centro Social Polivalente de Brión. As persoas con discapacidade serán as protagonistas desta oferta cultural como creadoras, ofrecendo á cidadanía unha programación cultural variada e de calidade.

Saúde Mental FEAFES Galicia participará neste encontro a través da exposición de pintura Disorders, unha mostra na que persoas usuarias de diversas asociacións plasman a súa experiencia coa saúde mental. Esta exposición enmárcase dentro dun proxecto artístico máis amplo, que leva o mesmo nome, e que parte dunha experiencia musical como proposta inicial.

A exposición Disorders poderá visitarse dende o luns 18 ata o domingo 24 no Centro Social Polivalente de Brión. Ademais, o venres 22 ás 19:30 haberá unha presentación na que se introducirá este proxecto e os seus vínculos entre arte e saúde mental.

Tamén está previsto que ese mesmo día, venres 22, proxéctese a curtametraxe “Se vende” realizada de xeito participativo por persoas usuarias da asociación DOA Saúde Mental de Cangas e Vigo.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.