SENSIBILIZACIÓN

I Xornada “A prevención do suicidio”

DATA: 17 xuño 2019

HORA: 13:00 - 15:00

LUGAR: Ordes

PREZO:

Dende hai un tempo, a mancomunidade de Ordes e a asociación Andaina están a colaborar na atención ás persoas con problemas de saúde mental e as súas familias residentes na comarca de Ordes. Nese traballo continuo, ás dúas entidades venlles unindo a preocupación por un gran problema social: o suicidio.

A asociación Andaina reuniuse coa xefa do Servizo de Saúde Mental e Asistencia á Drogodependencia do SERGAS, Mª Tajes Alonso, e coa subdirectora xeral de Planificación e Programación Asistencial da Xunta de Galicia, Mª Sinda Blanco Lobeiras, para manifestar a súa preocupación entorno ao suicido e a necesidade de que o persoal de diferentes ámbitos conte con información de utilidade para poder actuar de maneira preventiva e integrada.

Con este fin organizouse a I Xornada “A prevención do suicidio”, na que ademais de recibir información oportuna, abrirase un espazo de encontro e intercambio entre profesionais de múltiples ámbitos: saúde, social, xudicial, educativo e de seguridade. 

Da man de Alberte Xabier Araúxo Vilar, facultativo especialista da Área de Psiquiatría, Xerencia Xestión Integrada de Santiago de Compostela (SERGAS), e Luísa Fernanda Peleteiro Pensado, técnica do Servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias (SERGAS), abordaranse os seguintes contidos:

-Introdución: aspectos xerais, mitos e prexuízos
-Plan de Prevención do Suicidio en Galicia: programas de prevención
-Avaliación e intervención da conduta suicida no ámbito sanitario
-Solucións de futuro

A xornada terá lugar o luns 17 de xuño de 13h a 15h no Salón de Plenos do Concello de Ordes (Rúa L. Xoxardo s/n). Para participar, é preciso confirmar a asistencia contactando coa asociación Andaina (andainapsm@gmail.com / 650270878) ou co CIM da Mancomunidade de Ordes (cim@mancomunidadedeordes.gal / 981682108).


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.