FORMACIÓN

Neuropsicoloxía: aplicacións e implicacións no ámbito educativo

DATA: 15 - 16 febreiro

LUGAR: Vigo

PREZO: 30€ / 40€ / 50€

O 15 e 16 de febreiro, o Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolle unha xornada coorganizada por DOA  Saúde Mental, a Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, o Instituto de Investigación Sanitaria Sur e Cibersam, baixo o título " Neuropsicoloxía: aplicacións e implicacións no ámbito educativo e clínico". 

Impartida por Javier Tirapu Ustarroz , neuropsicólogo de recoñecido prestixio e asesor de DOA  Saúde Mental, esta formación pretende expoñer os avances no coñecemento do cerebro para explicar os trastornos mentais desde a perspectiva do funcionamento cerebral e as implicacións que iso comporta para a práctica clínica:

• Expoñer os avances no coñecemento do cerebro.
• Explicar os trastornos mentais desde a perspectiva do funcionamento cerebral.
• Analizar as implicacións que iso comporta para a práctica clínica.
• Expor liñas xerais dun novo marco conceptual para a psicoloxía e a pedagoxía.

Para inscribirse é necesario remitir un correo a gestion@asodoa.org co formulario de inscrición debidamente cuberto, así como o xustificante do abono da formación na conta de DOA  Saúde Mental (a cal aparece no tríptico e no formulario de inscrición). O custo da formación é de 30€ para os socios da asociación, desempregados e estudantes. Para o resto de participantes, o custo será de 40€ ata o 31 de xaneiro e de 50€ a partir do 1 de febreiro. O prazo de inscrición finaliza o 11 de febreiro ás 12h.

Se desexan máis información poden chamar ao 986 483 208 en horario de 08:00 a 14:30 de luns a venres ou de 15:00 a 18:30 de luns a xoves, ou no correo electrónico gestion@asodoa.org. 

Máis información, aquí.



Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.