OCIO E DEPORTES

Uns días de desconexión nas Termas de Cuntis

DATA: 6 - 15 marzo 2017

LUGAR: Cuntis

PREZO:

O Servizo de Ocio, Deportes e Respiro Familiar de FEAFES Galicia organiza actividades para o goce do tempo libre que permiten mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental, favorecendo a súa plena integración social. 

Neste marco, a Federación vén de ofrecer ás asociacións federadas a posibilidade de participar nunha excursión ao Balneario Termal de Cuntis. Esta actividade realizarase en tres quendas: as asociacións Andaina, Doa, A Mariña e Morea viaxarán do 6 ao 11 de marzo; as asociacións Portanova, Avelaíña, Alume e Alba do 8 ao 10 de marzo e as asociacións Albores, Lar, Lenda e Apem do 13 ao 15 de marzo. En cada unha das quendas participarán un total de 20 persoas.
 
Ademais dos circuítos termais dos que poderán gozar os usuarios durante a súa estancia no Balneario, a viaxe contempla tamén outras actividades pola contorna. Deste xeito, os usuarios poderán pasear polo Parque Natural do Río Barosa ou o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Realizar saídas como esta permite ás persoas con enfermidade mental romper coa rutina diaria, relaxarse, socializar, adquirir autonomía e integrarse na sociedade. Á súa vez, facilita un respiro aos familiares e coidadores, que durante estas estancias gozan de máis tempo libre mellorando así tamén o ambiente familiar.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.