OCIO E DEPORTES

V Carreira Universitaria Solidaria

DATA: 11 abril 2019

HORA: 19:30

LUGAR: Santiago de Compostela

PREZO: 8€

O concesionario do Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, S.L., e a asociación de alumnos da USC Run4Med, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 11 de abril, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, a V Carreira Universitaria Solidaria (Campus na Nube - RunForMed) coa finalidade de recadar fondos que axuden á asociación de saúde mental Fonte da Virxe.

Esta asociación traballa coa finalidade de promover a recuperación das persoas con problemas de saúde mental, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos. A asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social.  

SAÍDA E META: Todas as categorías sairán ás 19:30 da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón das pistas de tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no interior do Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se habilitará un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.

DISTANCIA: A carreira constará de 2 voltas a un circuíto para sumar un total de 5,5 km aproximadamente. A primeira volta serán 2,4 km e a segunda 3,1 km aproximadamente.
INSCRICIÓNS: Ata o luns 8 de abril ás 23:59.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 10 de abril no local de Campus na Nube na Praza do Seminario de Estudos Galegos, a carón da Facultade de Farmacia, en horario de 08:30 a 19:30 horas, e ate unha hora antes da saída da proba (11 de abril ás 19:30 horas.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. 

SERVIZOS: Habilitarase un servizo de gardarroupa o día da proba nas instalacións de Campus na Nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenzas e nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén haberá un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.

PREMIOS: Trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría, así como aos/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba absoluta.

DORSAL 0: Aquelas persoas que non participen na proba pero queiran colaborar coa asociación Fonte da Virxe, poderán facer o seu donativo a través deste enlace

Máis información aquí.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.