SENSIBILIZACIÓN

VII Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado

DATA: 24 outubro 2017

HORA: 09:30

LUGAR: Santiago de Compostela

PREZO: Gartuíto

O 80% da infancia que se atopa hoxe na pobreza está condenada a sufrila o resto da súa vida. E tamén os seus fillos e fillas. E os seus netos. Chámase transmisión interxeneracional da pobreza. 

O VII Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado organizado por EAPN-Galicia afondará nas causas e solucións para esta problemática, partindo da denuncia dos prexuízos e mentiras identificados no último Seminario de Participación de persoas en risco de pobreza ou exclusión e que impiden a inclusión social das persoas.

Non hai nenas e nenos pobres en familias ricas. No Foro capacitarase sobre iniciativas de loita contra a pobreza que beneficien directamente á poboación infantil e xuvenil dende os eidos socioeducativo, sociosanitario ou da súa participación. Buscarase mellorar o acompañamento e atención das persoas en situación de exclusión.

Co seu tradicional enfoque práctico e construtivo, o Foro contará coa presenza de máis de vinte expertas, como Joseba Zalakain (director do SiiS. Centro de Documentación y Estudios Servicios Sociales), Guillermo Fernandez Maillo (Fundación Foessa/Caritas), Kepa Paul Larrañaga (Grupo de Sociología de la Infancia y la Adolescencia) ou Jordi Longás (Director científico do programa CaixaProinfancia).

O encontro celebrarase o 24 de outubro na Facultade de Matemáticas da USC, en Santiago de Compostela. O proceso de inscrición é de balde e xa está aberto. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse antes do 20 de outubro neste enlace.

Consulta aquí o programa



Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.