OCIO E DEPORTES

Viaxe coa Depo a Cabo Home e arredores

DATA: 20 xullo 2019

HORA: 09:15 - 20:00

LUGAR: Contorna de Cangas

PREZO: 12€

En Ruta coa Depo 2019 é un programa dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra. Ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia, impulsando a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional. 

Para iso, a Deputación de Pontevedra ofrece alternativas de lecer e tempo libre á mocidade da provincia e promove rutas destinadas ás entidades que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias mediante unha participación activa.

Este programa permite pasar un día coñecendo unha serie de lugares sinalados do entorno pontevedrés en compañía dun guía. No caso de Saúde Mental FEAFES Galicia, realizarase a ruta “Cabo home, Monte do facho e Praia de Melide, en Cangas”, que terá lugar o 20 de xullo de 09:15 a 20:00.

O custo da actividade é de 12 € por participante. Este prezo inclúe xantar, desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos de encontro e visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializado de Galicia. O itinerario previsto é o seguinte:

   • 9:15h Saída Vigo (Praza España)
   • 9:35h Saída Redondela (Albergue de peregrinos)
   • 10:40h a 13:30h Visita a Cabo home e ao monte do Facho
   • 14:00h Comida no restaurante “O Pereiro”
   • 17:00h a 18:50h Visita á praia de Melide e Cangas
   • 19:00h Volta a Redondela (Albergue de peregrinos)
   • 20:00h Volta a Vigo (Praza España)

Para inscribirse a esta actividade, é preciso contactar coa delegación de Saúde Mental FEAFES Galicia en Vigo a través do email feafesvigo@feafesgalicia.org ou o teléfono 699 837 220. O prazo de inscrición remata o 25 de xuño.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.