OCIO E DEPORTES

Visita ao museo de Camilo José Cela

DATA: 22 abril 2017

HORA: 15:30

LUGAR: Padrón

PREZO:

O sábado 22 de abril, os membros do Club de Ocio de FEAFES Santiago realizarán unha visita á Casa Museo de Camilo José Cela en Padrón, lugar onde naceu e pasou a súa infancia o sonado escritor. 

Camilo José Cela cultivou todos os xéneros literarios ata acadar un total de 120 títulos publicados en vida: novelas, poesía, libros de viaxes, artigos, contos, teatro, un romance de cego,adaptacións, entrevistas, lexicografía, dicionarios e libros de memorias. Tamén foi xornalista, ensaísta, editor de revistas literarias, conferenciante, pintor y actor, logrando o Premio Nobel de Literatura en 1989 “pola súa prosa rica e intensa, que, con refrenada compasión, configura unha visión provocadora do desamparo do ser humano”. 

O eixo fundamental da mostra que visitarán os usuarios de FEAFES Galicia, caracterizada pola súa heteroxeneidade, é a súa colección de manuscritos propios. A isto, súmase un amplo e rico espistolario, unha biblioteca composta por edicións da súas obras, estudos sobre a mesma, a súa biblioteca persoal, unha hemeroteca con referencias ao autor dende 1942, unha pinacoteca con obras de pintores coma Picasso ou Miró, e outras coleccións que afondan nos vencellos do escritor coa súa realidade persoal e cultural.

O lugar de encontro para as persoas que participen nesta actividade será o Hotel Peregrino de Santiago de Compostela ás 15:30, regresando ao mesmo lugar sobre as 20:00. Tras a visita ao museo e antes da viaxe de volta, os asistentes terán a oportunidade de dar un paseo por Padrón.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.