SENSIBILIZACIÓN

Xornada “30 anos de compromiso coa saúde mental”

DATA: 19 maio 2017

HORA: 09:00

LUGAR: Vigo

PREZO: Gratuíto

Con motivo do seu 30 aniversario, a asociación Doa organiza a xornada “30 anos de compromiso coa saúde mental”. O encontro terá lugar o 19 de maio na Sala de Conferencias da sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24).

O obxectivo desta xornada é que distintos profesionais da saúde mental poidan achegar as súas experiencias e particulares puntos de vista sobre varias cuestións relacionadas coa rehabilitación en psicose. Nelas poderán participar profesionais do ámbito da saúde mental, servizos sociais, mediación social, familiares, persoas afectadas e outros representantes da comunidade con interese pola promoción da saúde.

O encontro comezará ás 09:00 coa recepción dos asistentes e a entrega de acreditacións. A continuación, de 09:30 a 10:30 terá lugar o relatorio “Cognición social, emocións e conciencia de enfermidade” da man de Javier Tirapu Ustarroz, neuropsicólogo clínico e director científico da Fundación Argibide para a promoción da saúde mental.

Tras unha pausa de media hora e o acto de inauguración, terá lugar a conferencia “Tratamento dos primeiros episodios dende unha perspectiva da prevención de recaídas” a cargo de Miguel Ángel Miguélez Silva, psiquiatra no Servizo Galego de Saúde, na Clínica Arias Bal, Chavea-Fundación Lareira e Clínica Ebam.

Finalmente, ás 12:15 desenvolverase a charla "Camiño á Recuperación. Da capacidade á liberdade" coa intervención de distintas persoas da asociación Doa, pasando posteriormente á clausura do encontro. 

Todas aquelas persoas que desexen acudir a esta xornada deberán inscribirse antes do 18 de maio a través do email gestion@asodoa.org ou chamando ao teléfono  986 483 208.

Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.