Persoas célebres
con enfermidade mental


(Los Ángeles, 4 de xuño de 1975)
Actriz, modelo, filántropa, dobladora, directora e guionista de nacionalidade estadounidense e camboxana. Ao longo da súa carreira, Jolie recibiu múltiples recoñecementos polos seus logros actorais, entre eles dous Premios Óscar (un a mellor actriz e recentemente o premio humanitario) e tres Globos de Ouro. Actualmente forma parte do Alto Comisario das Nacións Unidas para os Refuxiados.

Angelina Jolie padece un Trastorno Límite de Personalidade que lle provocou relacións inestables, desordes alimenticias e en ocasións autolesións. Trátase dunha persoa solidaria e sensible, pero con moitos altibaixos emocionais debido ao seu diagnóstico.
(Leytonstone, Londres, 2 de maio de 1975)

Exfutbolista inglés que xogou no L.A. Galaxy, no Manchester United e e no Real Madrid, ademais de formar parte da selección de Inglaterra durante anos. En 1999 casou con Victoria Adamse converteuse nunha estrela extra-deportiva de fama mundial.

Durante unha entrevista, o futbolista confesou que padece un trastorno obsesivo-compulsivo. O inglés recoñeceu a súa obsesión por que todo estivese perfectamente ordenado: "Sufro unha desorde obsesiva-compulsiva que me obriga a poñer os obxectos en liña recta ou por pares". Beckham contou, por exemplo, a súa forma de actuar cada vez que visita un hotel: "Cando entro no cuarto, antes de relaxarme, teño que facer desaparecer todos os papeis e libros e metelos nun caixón. Todo ten que estar perfecto".

(Swansea, Gales, 25 de setembro de 1969)
É unha coñecida actriz que obtivo renome internacional tras participar en La máscara del Zorro (1998), protagonizada xunto a Antonio Banderas. Ao longo da súa carreira, recibiu múltiples recoñecementos como o premio Óscar pola súa interpretación no musical Chicago e o premio Tony polo seu papel no musical A littlenight music.

O representante de Catherine Zeta-Jones confirmou que a intérprete ten trastorno bipolar de tipo II. "Despois de lidar cun ano de moito estres, a actriz tomou a decisión de ingresar nun hospital mental por un breve período para ser tratada", explicou o representante a través dun comunicado. A enfermidade do seu marido Michael Douglas, que superou un cancro de garganta, afectou moito á actriz, o que podería ter desencadeado unha gran cantidade de estres na súa vida.
(Bluefield, Virxinia Occidental, 13 de xuño de 1928 -  Monroe, Nueva Jersey, 23 de maio de 2015)

Foi un matemático estadounidense que recibiu o Premio Nobel de Economía en 1994 polas súas achegas á teoría de xogos e os procesos de negociación, xunto a Reinhard Selten e John Harsanyi.

Nash padeceu esquizofrenia e na década dos cincuenta comezou a ter delirios sobre supostas conspiracións e mensaxes cifradas. O investigador vía espías que o seguían por todos lados e críase vítima decriptocomunistas, ata o punto de que chegou a pedir asilo político en Europa. Nash declarou que grazas "ao paso do tempo" logrou saír desa situación. 

No 2001 estreouse a película Unha mente marabillosa, protagonizada por Russell Crowe, que conta a súa historia centrada na súa esquizofrenia.

(Oak Park, 21 de xullo de 1899 - Ketchum, 2 de xullo de 1961)
Foi un escritor e xornalista estadounidense, e un dos principais novelistas e contistas do século XX. Gañou o Premio Pulitzer en 1953 por O vello e o mar e ao ano seguinte o Premio Nobel de Literatura pola súa obra completa.

O recoñecido escritor, autor doutras famosas novelas, como Adeus ás armas, tiña trastorno bipolar e padecía tamén de paranoia, segundo explica Christopher Martin no libro Ernest Hemingway: a Psychological Autopsy of a Suicide. A enfermidade mental tamén afectou a dous dos seus irmáns.
(Memphis, Estados Unidos, 31 de xaneiro de 1981)
É un cantante, compositor, produtor discográfico, bailarín e actor que adquiriu fama por ser o principal vocalista da banda ´NSync. No ano 2002 iniciou a súa carreira en solitario e gañou, entre outros premios, seis Grammy e catro Emmy. Ademais, tamén formou parte do reparto de varias películas.

Timberlake declarou sufrir un trastorno obsesivo-compulsivo que, segundo as súas palabras, afecta a varios ámbitos da súa vida diaria. O cantante, quen tamén sofre trastorno por déficit de atención (TDAH), asegurou que trata de vivir con iso pero é complicado.

(Lowell, Massachusetts, 12 de marzo de 1922 - St. Petersburg, Florida, 21 de outubro de 1969)
Foi un novelista e poeta estadounidense, integrante da Xeración Beat. É considerado un dos autores estadounidenses máis importantes do século XX e entre as súas obras máis coñecidas está No camiño, considerado o manifesto da Xeración Beat.

Jack Kerouac padecía esquizofrenia, pero coa axuda de medicamentos e con apoio conseguiu levar unha vida normalizada. De todos os xeitos, a fama adquirida coas súas obras afectáballe pola súa timidez á hora de enfrontarse ás entrevistas e aos actos públicos.
(11 de xuño de 1959, Oxford, Inglaterra)
É un actor coñecido principalmente polo seu papel de Gregory House, protagonista da serie de televisión House. Grazas a esta interpretación, conseguiu o premio Globo de Ouro ao mellor actor dramático en dous anos consecutivos (2006 e 2007).

A finais de 2007, detectáronlle unha depresión grave. Niso influíu o afastamento da súa familia, que vivía en Reino Unido, mentres o rodaba a serie House en Estados Unidos.
(Los Ángeles, California, Estados Unidos, 1 de xuño de 1926 - Ibídem, 5 de agosto de 1962)
Realmente chamábase Norma Jeane Baker, e foi unha actriz de cine, cantante e modelo estadounidense. Co paso do tempo, chegou a ser unha das actrices máis famosas de Hollywood e está considerada unha das mulleres máis atractivas da historia.

Marilyn tiña trastorno límite da personalidade. Ademais de afectar á súa vida persoal, esta enfermidade influíu na súa carreira. Por exemplo, debido ás súas flutuacións de ánimo, tiñan que suspender e continuar constantemente os ensaios das súas películas.
(Brooklyn, Nova York, 1 de decembro de 1935)
Nacido como Allan Stewart Königsberg, é un director, guionista, actor, músico e escritor estadounidense gañador do premio Óscar en tres ocasións. Trátase dun dos directores máis respectados, influentes e prolíficos da era moderna.

Woody Allen é unha das celebridades que fala de xeito máis directo sobre as súas fobias. O director confesou en diversas ocasións que ao longo da súa vida tivo diferentes medos irracionais, como claustrofobia, terror aos insectos, á luz, ás alturas ou ás multitudes.