Aviso legal

"Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia", en adiante Saúde Mental FEAFES Galicia, responsable do sitio web, en adiante tamén o “Responsable”, pon a disposición das persoas usuarias o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), BOE Nº 166, así como informar a todas as persoas usuarias do sitio web respecto a cuales son as condicións de uso.

O presente documento ten por obxecto regular as condicións xerais polas que se rexe a presente páxina web, tendo toda persoa que acceda a este sitio web a consideración de persoa usuaria, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí contidas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. Por iso, debe ler atentamente tanto estas condicións como as que regulan as distintas páxinas, apartados ou formularios, así como a política de privacidade e a política de cookies, aceptando deste modo o sometemento ás mesmas cada vez que acceda a esta páxina web. En caso de non estar dacordo con calquera das condicións aquí establecidas, non deberá facer uso da mesma.

Saúde Mental FEAFES Galicia resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento das persoas usuarias ditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web feafesgalicia.org.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

  • Nome de dominio: feafesgalicia.org
  • Nome comercial: Saúde Mental FEAFES Galicia
  • Denominación social: Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia
  • NIF: G-15545353
  • Domicilio social: Rúa Belgrado, nº 1, baixo. 15707 Santiago de Compostela. Galicia. España
  • Teléfono: 900 102 661
  • E-mail: datos@feafesgalicia.org

2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade de Saúde Mental FEAFES Galicia ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes. 

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reproducción total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do Responsable. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor. 

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos a Saúde Mental FEAFES Galicia e que puidesen aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto aos mesmos. O Responsable autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contenidos concretos do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal de feafesgalicia.org.

O Responsable recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo.

Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do enderezo electrónico datos@feafesgalicia.org.

Política de protección de datos

Para máis información sobre a política de privacidade que rexe nesta páxina web, acceda ao enlace “Política de privacidade”.

3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

Saúde Mental FEAFES Galicia exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información teña sido manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

Uso de Cookies

Para máis información sobre as cookies que utilizamos nesta páxina web, acceda ao enlace “Política de cookies”.

Política de enlaces

Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web, tales como vídeos subidos a Youtube; accesos para compartir o contido da web en redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest) ou a través do correo electrónico (Gmail, Yahoo, Outlook); links ás páxinas web doutras asociacións ou enlaces a webs onde se elaboran os boletíns de noticias, entre outros. Dado que Saúde Mental FEAFES Galicia non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a dito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

Saúde Mental FEAFES Galicia non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do Responsable. Sen embargo, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, Saúde Mental FEAFES Galicia ponse a disposición de todas as persoas usuarias, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. En caso de que a persoa usuaria considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web. 

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamiento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Sen embargo, o Responsable non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

Direccións IP

Unha dirección IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta á Internet. Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados pola persoa usuaria.

4. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais máis próximos a Santiago de Compostela.