Quen somos?

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 14 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.

A nosa misión

La misión de FEAFES Galicia consiste en mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, defender os dereitos do colectivo e representar ao movemento asociativo FEAFES no territorio galego, brindando apoio e coordinación ás asociacións que o integran.

A través das súas asociacións e delegacións, FEAFES Galicia está presente activamente en 30 localidades galegas e representa ás máis de 41.500 persoas que teñen unha enfermidade mental na nosa comunidade autónoma, das cales máis de 5.000 son socios da Federación.

A quen nos diriximos

  • Ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares
  • Aos profesionais relacionados coa saúde mental
  • Á sociedade en xeral

Os nosos obxectivos 

O traballo que desenvolve FEAFES Galicia busca mellorar a calidade de vida e o día a día das persoas con enfermidade mental. 

  • Prestamos atención personalizada, asesoramento e información
  • Damos apoio aos familiares
  • Traballamos para defender os dereitos das persoas con enfermidade mental e os seus familiares
  • Realizamos labores de sensibilización, promovendo a saúde a mental e loitando contra o estigma que sofren as persoas con enfermidade mental
  • Traballamos para aumentar as posibilidades de inserción laboral do colectivo, ofrecendo orientación, formación e intermediación coas empresas
  • Programamos actividades de ocio, entre as que se inclúen excursións, viaxes e deportes
  • Ofrecemos asesoramento legal e poñemos a disposición dos usuarios pisos tutelados e vivendas
  • Traballamos pola participación e o empoderamento das persoas con enfermidade mental