Hai moitas formas
de colaborar

Con moi pouco podes facer moito. Axudar a facerlle a vida máis fácil a outra xente é máis sinxelo do que pensas, porque podes colaborar de moitas formas.

Formas de colaboración

Unha alianza con FEAFES Galicia é un compromiso orientado á defensa dos dereitos e necesidades das persoas con enfermidade mental. O noso propósito non é movilizar recursos, senón mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares.

APORTAR SERVIZOS OU PRODUTOS

Podes colaborar aportando produtos ou material para a realización de actividades por parte da entidade, ou ben prestando as túas instalacións para acoller actos e eventos. 

FINANCIAR PROXECTOS

Podes financiar un proxecto social de promoción da saúde mental relacionado co ámbito de actuación e/ou o espírito da túa empresa.

REALIZAR POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

Podes ofrecer prácticas na túa empresa ou contratar aos integrantes da nosa bolsa de emprego a través do servizo de inserción laboral.