Mapa de recursos de saúde mental

Localizador de recursos que permitirá aproximarse dunha forma obxectiva á realidade coa que traballamos. Esta ferramenta permite identificar e ubicar os diferentes recursos de saúde mental dispoñibles en toda a xeografía galega. 

Dentro do seu plan de desenvolvemento, Saúde Mental FEAFES Galicia propúxose elaborar un Mapa de Recursos que lle permitise aproximarse dunha forma obxectiva á realidade coa que traballa. Para iso, elaborouse unha ferramenta que identifica e sitúa os diferentes recursos de saúde mental dispoñibles en toda a xeografía galega.

Esta ferramenta permite a Saúde Mental FEAFES Galicia planificar futuras accións, programas ou servizos no territorio, así como identificar as debilidades ou carencias de cobertura de recursos no ámbito da saúde mental.

Por outra banda, as persoas e colectivos cos que traballa a federación poden dispoñer de información sobre os servizos e recursos de saúde mental que existen actualmente en Galicia, identificando a súa localización e forma de contacto. Deste xeito, o Mapa de Recursos tamén é unha ferramenta de utilidade para as persoas con problemas de saúde mental, os seus familiares e achegados, profesionais do sector sanitario, educativo, de servizos sociais, etc. 

 A ferramenta de procura deste mapa permitirache identificar os seguintes recursos: 
    • Para as persoas con problemas de saúde mental: 
    • Servizos de información, asesoramento e apoio 
    • Servizos de centros para a atención especializada 
    • Servizos de vivenda 
    • Servizos de acción social 
    • Servizos de inserción laboral e emprego 
    • Servizos de lecer e deporte 
    • Para os familiares e achegados: 
        ◦ Servizo de información, asesoramento e apoio 
        ◦ Servizo de acción social 
        ◦ Formación 
    • Para o colectivo e a comunidade: 
        ◦ Servizo de participación comunitaria 
        ◦ Servizo de apoio ao movemento asociativo 
        ◦ Servizo de comunicación 
        ◦ Servizo de prevención, capacitación e formación especializada 

Se desexas utilizar o buscador de recursos, debes seguir os seguintes pasos:



  1. Marca a provincia na que desexas buscar o recurso. Se queres obter información de toda Galicia, deixa marcada a opción “Provincia”. 
  2. Marca a titularidade do recurso. Se queres obter información sobre todos os tipos de titularidade, deixa marcada a opción “Titularidade”. 
  3. Marca o colectivo para o que buscas o recurso. Se queres obter información sobre todos os tipos de colectivos, deixa marcada a opción “Colectivo”. 
  4. Marca o tipo de servizo xeral que buscas entre as opcións que se mostran. Para iso será necesario marcar previamente o colectivo. 
  5. Marca o servizo concreto entre as opcións que se mostran. Para iso será necesario marcar previamente o tipo de servizo xeral. 
Unha vez realizados estes pasos, no mapa aparecerá a localización xeográfica de todos os recursos que cumpran os teus requisitos de procura. 
Poñendo o cursor sobre as sinalizacións de cor verde, aparecerán os datos básicos de cada recurso: nome, localidade, teléfono e enderezo electrónico. 
No caso de que non haxa ningún recurso que cumpra todos os requisitos indicados, o mapa aparecerá baleiro. 
Debaixo do mapa, poderás ver os logotipos das entidades resultado da procura. 
Picando sobre elas, accederás á ficha completa con toda a información do recurso.