16/10/2019.

A Coruña acolle o XV Congreso Cermis Autonómicos

A Coruña, cidade na que ninguén é forasteiro, converterase, o vindeiro xoves 17 de outubro, no lugar de referencia e encontro do mundo da discapacidade, que aglutina a máis de 4 millóns de persoas na totalidade do territorio nacional.

Os máximos responsables do colectivo da discapacidade, tanto no ámbito estatal como no territorial, daranse cita neste evento que se celebra coa colaboración da Xunta de Galicia e a presenza do presidente, D. Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Dª Fabiola García Martínez. 

Durante esta xornada analizarase, desde diferentes vertentes, de maneira áxil e dinámica, a realidade coa que debemos convivir de maneira normalizada. O evento terá lugar no Hotel Áttica 21e incluirá a presentación dun vídeo conmemorativo polo  XX Aniversario de Cermi Galicia.


Compartir contido