27/03/2018.

A Mariña traballa con terapias agrícolas

Nas instalacións de Cervo da asociación A Mariña, están a construírse dous invernadoiros para ofrecer aos seus 69 usuarios unhas terapias pioneiras no desenvolvemento laboral e persoal no marco do programa Capacitando. 

A responsable de benestar da Deputación, Sonsoles López Izquierdo, visitou fai un par de meses ditas instalacións e mantivo un encontro cos usuarios desta asociación que, ademais do de Cervo, tamén conta con outros dous centros en Burela e Ribadeo. O ente provincial realiza unha achega anual de 50.000 euros a este colectivo, que traballa pola mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental. 

Unha vez terminadas as novas instalacións dos invernadoiros, levarán a cabo talleres de formación e prácticas reais sobre agricultura e floricultura ecolóxica. O obxectivo é aprender un oficio para facilitar a inserción laboral e contribuír ao desenvolvemento persoal dos usuarios. 

Nos invernadoiros, os usuarios aprenderán a identificar as diferentes especies botánicas a través dunha formación teórica e práctica, cultivando as súas propias hortalizas como leitugas, tomates, allos, repolos ou cebolas. Tamén terán flores como margaridas ou outras especies aromáticas como a albahaca, o coandro, a lavanda ou o ourego. Os talleres realizaranse dous días á semana coa supervisión dos monitores especializados. 

Vía El Progreso


Compartir contido