25/07/2016.

A Mariña visita o Castro de Viladonga e a muralla de Lugo

O pasado 20 de xullo, os rapaces e rapazas de A Mariña disfrutaron dunha visita guiada polo Castro de Viladonga e o seu museo, o cal se dedica á interpretación e explicación do xacemento, así como á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións.

Tras unha comida na área recreativa do castro, os excursionistas achegáronse despois ata Lugo para visitar o seu casco histórico, a catedral e o paseo do Ría Rato, entre outras cousas. Como destaca a directora de A Mariña, María José Novoa, “este tipo de actividades permite aos nosos usuarios gozar dun tempo de disfrute e relaxación no que ademais se favorecen as relacións interpersoais e sociais e todo un conxunto de valores como a empatía, a amizade, a solidariedade, etc.”.

“Así –continúa María José- contribuímos a lograr un grupo de apoio social e a aumentar o sentimento de pertenza, e polo tanto, o aumento da autoestima dos nosos usuarios, tendo como fin último a mellora da calidade de vida dos mesmos. Por iso este tipo de actividades culturais e de ocio terapéutico son un denominador común no tratamento dos nosos usuarios”.

Sen ir máis lonxe, o mércores anterior viaxaron ao Pazo de Tor, onde disfrutaron dunha xornada cultural inigualable.


Compartir contido