13/04/2016.

A asociación Doa estrea nova web



A asociación Doa ven de estrear a súa nova web e fíxoo ao grande: un espazo online dinámico, claro e atractivo que facilita información sobre o traballo da entidade e a súa razón de ser.

Isto foi posible ao amparo do proxecto “Más Social Conecta” da Fundación Barrié, grazas ao cal unha vintena de entidades sociais galegas puideron contar cunha nova páxina web no últimos tres anos. Deste xeito, asociacións como Doa poden darse a coñecer, chegar a un público maior, transmitir as súas mensaxes e, en definitiva, reforzar o tecido asociativo galego mediante o fomento da súa presenza na rede.

A nova páxina web de Doa foi realizada polos profesionais de Edisa, capitaneados por Greta Fábregas, e permitiu aos traballadores da asociación adquirir novos conceptos e enriquecerse do traballo compartido con compañeiros doutras entidades. 

A web foi presentada, xunto a outras realizadas no marco do proxecto “Más Social Conecta”, nun acto organizado pola Fundación Barrié o pasado venres 8 de abril como peche do proxecto. 

A partir de agora, o reto de Doa estará en ir incorporando pequenas melloras á web como a de adaptarse a distintos dispositivos (móbil, tablet...), para o que espera contar novamente co apoio de Edisa e da Fundación Barrié na segunda parte deste proxecto: “Máis Social Conecta 2”.

Se queres visitar a nova web de Doa, entra aquí.

Compartir contido