28/04/2017.

A inserción laboral: unha das prioridades da X Solidaria

Grazas ás persoas contribuíntes que marcan a casiña X Solidaria na declaración da Renda, ao redor de 70 millóns de euros destinaranse durante este ano 2017 á atención de persoas con necesidades educativas ou de inserción sociolaboral.

O desemprego en España continúa sendo unha preocupación de primeira orde: un total de 3.702.137 persoas sofren actualmente as consecuencias da crise económica e non teñen emprego, segundo constata o Ministerio de Emprego e Seguridade Social no seu rexistro do paro de marzo de 2017.

Para facer fronte a esta situación, a X Solidaria destina unha alta porcentaxe da súa recadación a programas desenvolvidos por distintas organizacións sociais que favorecen a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social. Dos case 230 millóns recadados mediante as achegas voluntarias das persoas que marcan a casiña 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da Renda, ao redor de 68 millóns de euros destínanse a programas que atenden a persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral, é dicir preto do 30% do total. (Ver programas de Emprego

Marcar a casa de Fins Sociais

Grazas ás achegas das persoas contribuíntes que marcaron a casiña 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da Renda,  este ano puxéronse en marcha un total de 1.378 programas sociais desenvolvidos por 497 entidades de acción social.

Marcar a casa X Solidaria é un xesto solidario que non custa nada, a persoa contribuínte, ao facer a declaración da Renda, non vai ter que pagar máis nin lle van a devolver menos. Ademais, tamén pode marcar a casiña da Igrexa católica xunto coa casa de Actividades de Interese Social e, destinar un 0,7 % a cada unha delas. Simultaneando as dúas casiñas, a axuda non se divide, súmase.

A campaña X Solidaria, dirixida a informar e sensibilizar ás persoas contribuíntes para que marquen a casiña 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da Renda anual, é coordinada pola Plataforma de ONG de Acción Social e conta co apoio de múltiples redes e entidades sociais de toda España, entre as que se atopa FEAFES.



Compartir contido