29/04/2016.

APEM inaugura o seu novo centro na Casa Rosa

APEM Culleredo conta cunha nova sede, que non é nin máis nin menos que o histórico edificio da Casa Rosa de O Burgo. O Concello de Culleredo cedeu este inmoble á asociación por 50 anos, e tras varios meses de rehabilitación, por fin inaugurouse de forma oficial o Centro de Rehabilitación Laboral e Psicosocial Sara Vázquez. 

Nas novas instalacións atenderanse a 40 persoas, contando co apoio do equipo profesional da asociación que desenvolverá talleres e actividades dirixidas a conseguir a integración e o benestar dos usuarios de APEM e as súas familias.  

O acto de inauguración tivo lugar o pasado 27 de abril e contou coa presenza do persoal de APEM, incluída a súa presidenta, Antonia Pérez Amieiro; membros da corporación municipal do Concello de Culleredo encabezados polo seu alcalde, Julio Sacristán; representantes doutros concellos do Consorcio das Mariñas; membros de diversas asociacións da zona; e os dous arquitectos encargados da reforma, Carmen Armada e Daniel Rodríguez.

Tras os emotivos discursos da presidenta de APEM, Antonia Pérez Amieiro, e o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, os asistentes ao acto puideron gozar dun catering no xardín da renovada Casa Rosa, aproveitando a tregua que deu a choiva.

    
Compartir contido