03/06/2016.

Andaina participa na V Feira da Sidra en A Estrada

O vindeiro sábado 4 de xuño, terá lugar a V Feira da Sidra na Praza da Constitución de A Estrada, un encontro organizado pola Asociación Maceira e Sidra no que se poderá degustar unha boa selección de sidras de toda a cornixa norte peninsular.

Neste evento participarán lagares vascos, cántabros, asturianos, casteláns, canarios e galegos, e entre eles estará a sidra artesá Mundo Mazá elaborada por persoas con enfermidade mental da asociación Andaina. Esta marca trata de unir a elaboración de sidra coa inserción laboral deste colectivo, demostrando que os trastornos mentais non están rifados co emprego nin coa elaboración de produtos de calidade.

Paralelamente a esta mostra, terá lugar o concurso Grolo de Ouro a través do cal, mediante votación popular, valoraranse as sidras de produtores caseiros que elaboran o seu produto en Galicia. 

Se queres degustar a sidra de Mundo Mazá, non dubides en achegarche o sábado 4 á Estrada. Busca á asociación Andaina, proba a súa sidra e pasa un momento entretido con aroma a mazá.


Compartir contido