21/01/2016.

Asesoría xurídica nas distintas cidades galegas



Entre os recursos que ofrece FEAFES Galicia aos seus usuarios, a entidade conta cun Servizo de Asesoría Xurídica de carácter gratuíto para orientar sobre asuntos legais relacionados coa enfermidade mental, como poden ser pensións, herdanzas, incapacitacións, problemas penais ou laborais.  

Este servizo conta con dous asesores que atenden dúbidas procedentes tanto de persoas con enfermidade mental como de familiares e profesionais. Ademais, os asesores xurídicos de FEAFES Galicia realizan accións formativas sobre temas legais relacionados coa saúde mental en distintos ámbitos, como as asociacións que traballan con este colectivo ou o entorno universitario.

Coa fin de mellorar a accesibilidade e calidade da atención prestada, o ano pasado os asesores xurídicos comezaron a desprazarse regularmente ás distintas delegacións de FEAFES Galicia para atender consultas presenciais. Este ano, retomaranse estas visitas en horario de 10:00 a 14:00 segundo o seguinte calendario:

  • A Coruña: 05/02, 18/03, 29/04, 27/05, 08/07, 16/09, 28/10.
  • Vigo: 19/02, 01/04, 13/05, 17/06, 22/07, 30/09, 11/11.
  • Lugo: 04/03, 14/10.
  • Ourense: 15/04, 25/11.
En Santiago, pola súa banda, o horario do Servizo de Asesoría Xurídica será o seguinte:

  • Martes: de 09h a 12h e de 16h a 20h
  • Mércores: de 09h a 12h
  • Xoves: de 09h a 12h
  • Venres: de 10h a 14h
Para concertar unha cita, tanto en Santiago como nas demais delegacións, é necesario pedir cita previa. Para iso, pódese chamar ao teléfono gratuíto de FEAFES Galicia (900 102 661) ou, no caso das persoas que xa son usuarias da entidade, falar co seu profesional de referencia.
Compartir contido