02/01/2017.

Avelaíña engalana as rúas de A Guarda



Este ano, a asociación de saúde mental Avelaíña participou no programa “Decora o teu Nadal” convocado desde a Concellería de Cultura de A Guarda. Esta iniciativa pretende potenciar a participación das asociacións da comarca, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana durante as datas do Nadal.

A zona que lle tocou decorar a Avelaíña foi a Praza do Coruto, para o cal utilizaron material reciclado e as xa emblemáticas “avelaíñas” de cerámica que realizan os usuarios nos talleres da asociación.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana nestas datas festivas. Ademais, preténdese que a cidadanía entenda A Guarda coma un espazo de expresión artística no que os veciños e veciñas poidan sentir o mobiliario público coma propio e queiran actuar sobre el para embelecelo. 

Avelaíña quere agradecer a colaboración de distintos veciños e empresas como A Rosaleira e Panaderia Rogelito, que colaboraron neste proxecto de decoración urbana.
Compartir contido