30/10/2018.

Busca de emprego a través das TICS

O pasado 29 de outubro, un grupo de 8 persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia que se atopan actualmente en situación de desemprego, participaron nunha acción grupal en Lugo enmarcada nas actividades de Información, Orientación e Asesoramento para a Busca de Emprego. 

Esta formación, financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, pretenden dar a coñecer aos participantes as ferramentas máis usadas para buscar un traballo.

Deste xeito, aprenderon a utilizar o Portal de Emprego da Xunta de Galicia, outros portais xenéricos e específicos de busca de emprego, redes sociais orientadas a esta finalidade, metabuscadores, etc.

O obxectivo desta actividade é dotar aos participantes de coñecementos básicos no uso das novas tecnoloxías aplicados á busca activa de emprego, así como que sexan capaces de utilizar as TICS como ferramenta útil no seu proceso de inclusión sociolaboral. 




Compartir contido