30/05/2018.

Buscamos voluntarios en Ourense!

Nome do proxecto: Acompañamento a persoas con enfermidade mental

Datas: 01/06/2018 a 31/05/2019

Horario: De luns a venres de 8:30 a 9:00 e de 12:30 a 13:00 

Obxectivo xeral: Fomentar a integración social das persoas con problemas de saúde mental  a través do voluntariado en acompañamentos coa fin de mellorar a calidade de vida deste colectivo e dos seus familiares

Obxectivos específicos: 

  • Acompañamento de persoas con problemas de saúde mental dende a residencia para persoas con enfermidade mental Troncoso (sita na Rúa Serra Martiñá, 32, 32005 Ourense) ata a asociación Morea (sita na Rúa Marcelo Macías, 5, 32002 Ourense), a fin de poder acudir ás terapias e talleres da asociación que contribúen á mellora das súas capacidades e habilidades
  • Mellorar o nivel de autoestima, confianza e autonomía das persoas con problemas de saúde mental
  • Reforzar e adquirir habilidades sociais e hábitos de vida saudables por parte dos participantes
  • Propiciar as relacións sociais das persoas con problemas de saúde mental, evitando o seu illamento 
  • Aliviar aos familiares e/ou coidadores da sobrecarga da atención cotiá
  • Sensibilizar á poboación sobre a importancia do voluntariado e favorecer o seu recoñecemento entre a sociedade

Funcións da persoa voluntaria:

  • Apoio e asistencia directa
  • Orientación e asesoramento

Actividades a desenvolver pola persoa voluntaria:

  • Acompañamento a persoas con problemas de saúde mental
  • Escoita, atención de consultas, préstamo de apoio e información ás persoas con problemas de saúde mental

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 30 minutos

Número total de persoas voluntarias : 2

Persoa de contacto: Félix Alonso Gómez, orientador laboral de FEAFES Galicia

Teléfono de contacto: 988 601 194 / 689 881 872

Enderezo electrónico de contacto: felix.alonso@feafesgalicia.org

Horario de atención e información ás persoas interesadas : De luns a venres de 08:00 a 15:00

Compartir contido