25/05/2018.

Comunicación sobre o tratamento de datos de carácter persoal

O 25 de maio de 2018, comeza a aplicarse a regulación europea de protección de datos, concretamente o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

Desde FEAFES Galicia, estamos traballando para adaptar os nosos tratamentos de datos persoais ás previsións recollidas no referido Regulamento.

Entre as accións que estamos levando a cabo, atópase a de actualizar as cláusulas que regulan a relación e, no seu caso, o tratamento e acceso a datos responsabilidade de FEAFES Galicia, facilitados polos nosos clientes e/ou provedores.  Por iso, proporcionámoslle a seguinte información:

Orixe dos datos

Os datos foron recabados do propio interesado e/ou de terceiros que os facilitan no seu nome.
De acordo aos principios de aplicación esixibles pola normativa de protección de datos, en todo momento, tratamos os datos recabados de maneira lícita, leal e transparente, de acordo á finalidade e de forma o máis exacta posible, garantindo a integridade e confidencialidade dos mesmos.

Finalidade principal

Xestión administrativa da relación comercial incluíndo as comunicacións e informacións vinculadas á mesma.

Finalidade secundaria

O envío de comunicacións relacionadas coa actividade da empresa e de interese en relación ao servizo contratado.

Base xurídica e/ou lexitimación do tratamento

O tratamento de datos baséase na satisfación de intereses lexítimos, perseguidos por ambas partes en relación ao servizo convido. Unicamente trátase información de tipo identificativo e a que sexa estritamente necesaria para poder acadar a finalidade descrita. En ningún caso trátanse datos de categorías especiais nin tampouco se toman decisións automatizadas con efectos xurídicos.

Destinatarios

Os datos non serán comunicados a terceiros, salvo obrigalegal ou en cumprimento do compromiso lexítimo adquirido co interesado.

Prazo de conservación

Mentres exista un interese mutuo para iso e a normativa de aplicación o permita.

Dereitos dos titulares

Informámoslle de que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos eos de limitación e oposición a o seu tratamento dirixíndose a FEAFES GALICIA, na direción Rúa Belgrado 1, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dos seguintes emails:

Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control, é dicir, a Axencia Española de Protección de Datos, en www.agpd.es.

Aquí puedes consultar la Política de Privacidad de FEAFES Galicia completa. 

Compartir contido