14/01/2019.

Doa busca financiamento para o seu programa de deportes a través do micromecenazgo

O deporte é saúde e achega numerosos beneficios para coidarse e manter a saúde mental. Por iso, na asociación Doa realízanse actividades como fútbol sala, tenis de mesa, taichí, petanca, pádel, baloncesto… participando en campionatos a nivel autonómico e nacional. 

Aos usuarios e usuarias de Doa gustaríalles ir equipados ao cen por cen, e para iso están a tratar de alcanzar a cantidade de 1.500€ mediante doazóns a través da campaña “Da túa parte, deporte” posta en marcha na plataforma migranodearena. org. 

A asociación Doa traballa na zona de Vigo e o Morrazo coa misión de mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. "Da túa parte, deporte" é unha iniciativa a través da cal tratan de conseguir fondos para poder facerse co equipamento e material necesario para levar a cabo as diferentes actividades deportivas que desenvolven na asociación. 

Queres botarlles unha man? Fai a túa achega aquí!


Compartir contido