11/01/2021.

Dúas novas compañeiras a través do programa de Cooperación

No marco das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, que contan co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Secretaría Xeral de Emprego, Saúde Mental FEAFES Galicia contará, ao longo deste ano, con dúas novas traballadoras nas delegacións de Vigo e Ourense. 

A educadora social Olga Maita e a psicóloga Iria Moure realizarán o seu traballo no marco do Servizo de Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental e as súas Familias. A través deste servizo, trátase de dar resposta á situación que atravesan estas persoas, atendendo as súas necesidades e demandas específicas, tanto individuais como grupais, e facilitando o apoio e acompañamento sociolaboral preciso para unha adecuada inclusión na comunidade.

Entre as funcións que desempeñarán as novas compañeiras, destaca a información, apoio e asesoramento personalizados a persoas con problemas de saúde mental, familiares e persoas coidadoras. Neste senso, proporcionarán información, atención e asesoramento sobre saúde mental, recursos e servizos que lles podan resultar de utilidade. Por outra banda, tamén porán en marcha accións de formación e de sensibilización, ademais de prestar apoio no servizo de emprego e nas actividades de lecer e tempo libre.


Compartir contido