18/11/2016.

EDADES Compostela colabora con FEAFES Galicia

O pasado 11 de outubro, FEAFES Galicia asinou un convenio de colaboración coa empresa compostelá EDADES coa fin de fomentar a integración laboral de persoas con enfermidade mental no marco do programa Incorpora da Obra Social "la Caixa".

Dende o ano 2006, a Obra Social "la Caixa" promove, a través do programa Incorpora, a inserción no mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como parados de longa duración, ex reclusos, mozos en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

A misión de EDADES Compostela SLNE é a xestión de recursos humanos nos sectores de servizos persoais e domésticos, así como a adaptación da contorna ás persoas que teñen algún nivel de dependencia. Por tanto, o seu obxectivo primordial é satisfacer a demanda que existe nos servizos asistenciais a domicilio, ben sexa que estean destinados á terceira idade, a persoas con discapacidade, ao coidado de nenos ou ao servizo doméstico. 

A través da firma deste convenio, EDADES pasa a colaborar co Grupo Incorpora Galicia compartindo ofertas de traballo que poden ser de interese para os nosos demandantes de emprego, así como acollendo a usuarios das entidades participantes para realizar prácticas na súa empresa. A colaboración fíxose efectiva dende o momento mesmo da sinatura e a comunicación entre ambas as entidades estase a desenvolver de forma moi fluída.
Compartir contido