15/05/2018.

FEAFES Galicia participa no programa Más Social 2018-2019



FEAFES Galicia é unha das 45 entidades seleccionadas pola Fundación Barrié como beneficiarias da súa convocatoria Más Social Conecta 2018-2019

Concretamente, a técnico de comunicación da federación participará na formación II Nivel Avanzado, orientada á xestión da comunicación por obxectivos e á capacitación en competencias técnicas avanzadas para crear materiais de comunicación de grande impacto social.

Ademais da federación, as asociacións Doa e Avelaíña participarán tamén no programa Más Social, beneficiándose a primeira do servizo de consultaría para a elaboración dun Plan de Comunicación Externa, e a segunda da formación II Nivel Avanzado.

Más Social é un programa da Fundación Barrié destinado ao fortalecemento do Terceiro Sector de acción social. A convocatoria 2018-2019 está centrada na mellora da comunicación externa das entidades, con servizos de formación, desenvolvemento web e mentoring para community manager.

Ao acto de presentación do programa, celebrado onte na sede da Fundación Barrié en A Coruña, asistiron máis de 100 profesionais das entidades beneficiarias. 
Compartir contido