10/01/2017.

Festival benéfico a favor de A Creba

O 8 de xaneiro, ás 17:00, a Casa da Cultura de Xuño (Porto do Son), foi o escenario dunha gala na que seis formacións musicais saltaron a escena en beneficio de A Creba. O edificio vibrou ao son dos acordes e as cancións que interpretaron os integrantes de Revolteiras, Sartaxas, Rexoubeiriños, a Banda de Música de Caamaño, Os Litrisistas e a asociación Chorimas. Con esta variedade sonora, púidose chamar a atención dun amplo abano de espectadores que encheron o recinto.

Non é a primeira vez que os veciños de Xuño envórcanse cunha causa solidaria. De feito, hai un ano, este grupo de cidadáns organizaron unha gala similar cuxos fondos se destinaron, naquela ocasión, á loita contra o cancro. Do mesmo modo que entón, o festival a favor de A Creba incluíu o sorteo de diferentes agasallos doados para a ocasión. Coa venda de rifas e a merenda que se serviu a continuación, lográronse recadar un total de 600€.

Compra de obras de arte

A venda de obras a beneficio de A Creba que estivo aberta ao público no coliseo Noela (Noia) durante o mes de decembro xa pechou as súas portas, pero aínda se poden adquirir as súas pezas. Aquelas persoas que estean interesadas poden contactar con Cristina Carballedo, coordinadora da mostra, no teléfono 630 285 920 ou consultar a páxina web www.sumarte.net.

Vía La Voz de Galicia.




Compartir contido