03/04/2020.

Grazas a quen traballa polo benestar dun país en corentena

A Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA lanza hoxe a campaña #GraciasXTuValor, coa que quere enviar unha mensaxe de agradecemento a todas aquelas persoas que, co seu traballo e arriscando a súa saúde, están procurando e facilitando o benestar e a tranquilidade da cidadanía que ten que permanecer na casa. 

Nesta iniciativa, que conta coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, participan representantes da Rede Estatal de Mulleres, do Comité Pro Saúde Mental en Primeira Persoa e da Comisión Permanente de SALUSD MENTAL ESPAÑA, quen, mediante vídeos, expresan o seu agradecemento a cada un dos sectores profesionais cuxa actividade está a resultar decisiva e imprescindible para o funcionamento do país durante o confinamento. 

Desta maneira, dirixen as súas mensaxes ás persoas que traballan en Sanidade, Atención Sociosanitaria, Educación, Investigación, coidados domiciliarios, pequenos comercios e grandes superficies, farmacias, produción de materias primas e alimentación, transportistas, taxistas e transporte público, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, servizos de limpeza e mantemento, servizos de funeraria, voluntariado e medios de comunicación.

Nel González Zapico, presidente da Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA, explica que o obxectivo desta campaña “non é outro que o de ofrecer, desde a sociedade civil organizada ao redor de SALUD MENTAL ESPAÑA, unha mensaxe de apoio a aqueles sectores de todos os niveis que, nestes días de confinamento, tras o decreto do Estado de Alarma, seguen ao pé do canón para velar polo benestar do resto da cidadanía”.

Con este fin, a iniciativa consta dun vídeo que recolle os agradecementos a todos os sectores, e complétase con outras quince gravacións de agradecemento específico a cada sector, as cales se irán publicando e difundindo en redes ao longo das próximas semanas. 

Igualmente, desde a Confederación convidouse a todas as entidades do movemento asociativo, así como á cidadanía en xeral, a sumarse á iniciativa, colaborando tamén cos seus vídeos de agradecemento particulares, que poden responder a situacións concretas e máis persoais e ás que se busca dar tamén visibilidade a través desta acción.

Con este agradecemento público e no que se implicaron moitos e moitas representantes de SAÚDE MENTAL ESPAÑA, “buscamos facer saber a todas e todos eses profesionais que valoramos inmensamente o seu traballo, que lles apoiamos e que os aplausos diarios das oito da tarde non van só ao traballo de profesionais da sanidade, senón ao resto de sectores”“É a nosa maneira de darlles ánimo para que non desfalezan, porque o seu labor agora é fundamental e a sociedade é consciente de iso”, conclúe González Zapico.


Compartir contido