04/04/2016.

Itínera organiza o seu V Curso de Voluntariado en Saúde Mental

Os días 8, 9, 15 e 16 de abril terá lugar a quinta edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental organizado pola asociación Itínera, que este ano leva por título “A sociedade enferma”. 

As xornadas desenvolveranse na aula magna da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela e serán recoñecidas cun crédito ECTS para todos os graos da USC. O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de abril, hai prazas limitadas e o prezo da matrícula é de 40€.

Ao longo dos catro días que dura o curso, abordaranse diversos temas como saúde mental e exclusión social, os programas de acompañamento integral, os retos da psiquiatría, o papel das familias, a indefensión xurídica, o traballo en centros penais, etc. As xornadas contarán cun enfoque dinámico e participativo para que todos os asistentes poidan achegar o seu punto de vista.

O sábado 9 de abril, a partir das 10:00, varios profesionais de FEAFES Galicia e das súas asociacións membro intervirán nos relatorios organizados por Itínera. Os educadores sociais da asociación Fonte da Virxe, Enrique Domínguez e Lois Pose, intervirán na mesa sobre “Saúde mental e exclusión social”. A continuación, o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón, e o psicólogo clínico da asociación Lar, Jesús López, falarán da orixe e desafíos actuais do movemento asociativo de saúde mental. 

Se queres inscribirte neste curso ou consultar máis información, visita a seguinte ligazón.


Compartir contido