09/09/2015.

Máster en Comunicación Deportiva e Deporte Adaptado

Aventi realiza por terceiro ano os seus programas formativos relacionados co deporte, orientados fundamentalmente a proporcionar aos alumnos as ferramentas necesarias para desenvolver a profesión. Trátase do III Máster en Comunicación Deportiva e o Máster en Deporte e Actividades Adaptadas.

Máster en Comunicación Deportiva proporciona aos alumnos coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, claves na organización e estrutura das institucións, atendendo aos diversos soportes: prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais.

Pola súa parte, o Máster en Deportes e Actividades Adaptadas- Integración social, proporciona aos alumnos coñecementos no ámbito da actividade física adaptada, os eixes de actuación estratéxica, así como na inclusión e deseño de programas específicos. O Programa forma aos alumnos en planificación deportiva, xestión económica e ordenación xurídica.

A metodoloxía destes másters é práctica e está dirixida ao desenvolvemento da carreira profesional. Son de modalidade presencial e impártense os venres pola tarde e os sábados pola mañá entre novembro do 2015 e xullo do 2016. Ademais, conta cunha bolsa de prácticas en medios, institucións, centros de ensino, empresas, fundacións, asociacións e clubs.

Grazas ao acordo establecido con FEAFES Galicia, os membros da entidade poderán dispoñer dunha bonificación do 20% no Máster de Comunicación Deportiva e do 10% no Máster de Deporte e Actividades Adaptadas. O prazo de inscrición está aberto e pódese solicitar máis información chamando ao 881 12 05 09 ou a través do correo formacion@aventi.es.

Ademais destes dous masters, Aventi realizará unha Xornada sobre Comunicación totalmente gratuíta o venres 18 de septembro de 16:30 a 20:30 no Auditorio da Fundación Luís Seoane de A Coruña na cal entregarase un diploma acreditativo aos asistentes.


Compartir contido