22/10/2015.

Morea O Barco, gañadora de teatro do Certame Igualarte

O Certame Artístico Igualarte é un concurso aberto ás disciplinas de música, danza, teatro, plástica e audiovisual que pretende poñer en valor as expresións artísticas de persoas con capacidades diferentes, entendendo que o arte é un dereito que pertence a todos e que conleva a maxia de expresar, comunicar e transmitir.

Impulsado pola Fundación Igualarte, este certame pretende dar a coñecer diferentes iniciativas artísticas e nutrir de experiencias innovadoras á sociedade, ademais de fomentar o artístico como medio de expresión e crear un espazo creativo plural.

Na súa III edición, o Certame Artístico Igualarte recoñeceu o traballo da compañía teatral Morea Show, pertencente á asociación de saúde mental Morea O Barco, que resultou gañadora na categoría de teatro grazas ó seu espectáculo “Microencontros”. 

Esta peza componse de pequenas escenas inconexas que fan reflexionar ao espectador sobre as emocións, protagonizadas por peculiares personaxes que se enfrontan a situacións do máis inusuales e disparatadas.

Os gañadores das distintas categorías do III Certame Artístico Igualarte presentarán e representarán as súas obras os días 3, 4 e 5 de novembro en Vigo durante a celebración do Festival Igualarte, manterémosvos informados do pase do espectáculo de Morea Show!

  
Compartir contido