14/06/2019.

Motivación para a busca de emprego

O pasado 24 de maio, un grupo de 7 persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia de A Coruña que están en situación de desemprego, participaron nun obradoiro de motivación e técnicas para a busca activa de emprego.

O seu obxectivo era promover nas persoas participantes un cambio de actitude e a motivación necesaria para implicarse activamente no proceso de busca de emprego, así como dotalos dos coñecementos básicos para abordar ese proceso.

Tratouse dunha acción grupal enmarcada nas actividades de Información, Orientación e Asesoramento para a Busca de Emprego (IOBE), financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). 

A formación tratou de promover nas persoas participantes unha actitude adecuada para implicarse activamente no proceso de procura de emprego, así como dotalas das principais ferramentas e recursos orientadas a iso. Preténdese que sexan capaces de utilizar as ferramentas de busca de emprego, manexar os recursos e xestionar a información como parte do seu proceso de inclusión sociolaboral. 

O taller plantexouse como unha acción  grupal que combinou a exposición teórica dos contidos cunha serie de actividades prácticas. A través desta acción, favoreceuse a motivación e preparación dun grupo de persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia para o acceso ao mundo laboral.

Compartir contido