15/11/2019.

Nova compañeira administrativa grazas ao programa de emprego xuvenil



O Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Unión Europea a través do Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, ten como obxectivo o fomento da contratación de persoas menores de 30 anos para favorecer a súa inserción no mercado laboral. 

Para logralo, esta convocatoria de subvencións conta co programa de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas. Grazas a este programa, Saúde Mental FEAFES Galicia conta, desde o 4 de novembro e por un período de sete meses, cunha nova técnica de administración e finanzas que traballará a xornada completa na delegación da Coruña. 

Raquel Quintela realizará funcións administrativas no marco do servizo de atención integral a persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias, encargándose de labores como información e atención telefónica e persoal, xestión documental e de bases de datos, trámites administrativos, seguimento e mantemento de servizos e oficinas, comunicación e correspondencia, apoio na presentación e xustificación de subvencións, etc.


Compartir contido