28/11/2017.

O Club Atlético Lanús, con FEAFES Galicia

A final da Copa Liberadores 2017, a competición que reúne aos mellores equipos do continente americano, decídese este mércores. O Club Atlético Lanús enfróntase en casa ao Gremio de Brasil, que venceu aos arxentinos no partido de ida por 1-0.

Pero máis aló da competición, os futbolistas do Lanús quixeron ser exemplo e motivación para os xogadores de balompé de FEAFES Galicia, e por iso fotografáronse os días previos ao encontro cun cartel no que mostran o seu agarimo e apoio aos nosos xogadores.

Lautaro Acosta, internacional absoluto coa selección Arxentina no próximo mundial, Román Martínez e Maximiliano Velázquez foron os xogadores que, en nome de todos os seus compañeiros, mandaron a súa mensaxe a FEAFES Galicia. Desde aquí desexámoslles a maior das sortes e mandámoslles o noso máis sentido agradecemento polo seu cariño.



Compartir contido