28/10/2015.

O meu gramo de loucura: Apem fala de saúde mental en Radio 5



“O meu gramo de loucura” é unha iniciativa posta en marcha polo xornalista José Manuel Cámara en colaboración con Radio 5 (RNE) para dar a coñecer á cidadanía o traballo das entidades membro da Confederación Saúde Mental España. A través dos testemuños de persoas que pertencen a distintas asociacións confederadas, vanse debullando os obxectivos e as reivindicacións do movemento asociativo de persoas con enfermidade mental e familiares, así como as iniciativas postas en marcha polas entidades para lograr a súa consecución.

Cada programa dura 4 minutos e está dedicado a unha asociación distinta, da cal falan usuarios, profesionais e familiares. “O meu gramo de loucura” comezou a emitirse hai unhas semanas e xa puidemos escoitar aos compañeiros da asociación ASAFES de Álava, ACEFEP de Ceuta e ALUSAMEN de Madrid. Esta semana é a quenda da asociación coruñesa APEM, á cal poderemos escoitar o xoves 29 ás 12:37 e o venres 30 ás 01:52.

Polo momento, en “O meu gramo de loucura” participaron un total de 12 asociacións, pero o xornalista impulsor da iniciativa pretende dar voz a moitas máis. Este espazo busca ser voceiro das entidades membro da Confederación Saúde Mental España para contribuír a que as persoas con problemas de saúde mental sexan cidadáns independentes e de pleno dereito.

Se queres escoitar os programas emitidos en “O meu gramo de loucura” pica aquí.
Compartir contido