20/07/2016.

O teatro de Andaina, no Festiclown

Un ano máis, o Festival Internacional Festiclown desembarca en Vilagarcía de Arousa do 14 ao 19 de agosto, ofrecendo cinco días de actuacións, pasarrúas, galas e obradoiros. Nun cartel encabezado por actuacións de Leo Bassi e Pepe Viyuela, haberá cabida para compañías circenses, malabaristas, magos, cómicos e moitos artistas máis.

Entre os afortunados de participar neste encontro atópanse os usuarios de Andaina, que terán a oportunidade de representar a súa obra teatral “Romeo e Xulieta” o sábado 13 de agosto ás 11:00 no Salón García da vila. Trátase dun espectáculo escrito e dirixido polo dramaturgo Fran Rei que reinterpreta, en clave de humor, a arquicoñecida obra de Shakespeare.

Ademais das actuacións propiamente ditas, Festiclown tamén incluirá unha exposición fotográfica sobre a visita do colectivo de cooperación internacional Paiasos en Rebeldía ao campo de refuxiados de Idomeni (Grecia), así como debates e un coloquio que buscará derrubar os prexuízos de xénero existentes nesta disciplina escénica.

Se queres sabes máis sobre o Festicown, pica aquí.


Compartir contido