05/04/2016.

Oferta de emprego

A presente oferta de emprego está vinculada á posible concesión de fondos a través da subvención do Programa de Axudas Municipais para o Fomento do Emprego na convocatoria 2016 dentro do Plan Local de Emprego 2016 do Concello de Vigo. 

Ante esta situación, FEAFES Galicia abre un proceso selectivo para un posto de traballo, concretando despois as características da contratación segundo o aporte outorgado a través da liña de subvención do Concello de Vigo. 

Asociación que realiza a oferta: FEAFES Galicia 

Posto ofertado e perfil solicitado: 1 técnico/a auxiliar administrativo 

Titulación: Ciclo Medio ou FP de 1º Grado na rama administrativa ou nivel de estudos equivalente

Requisitos xerais: 

- Empadroado en Vigo antes do 01/01/2015 
- Inscrito como demandante de emprego no SPEG
- Posuír o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos: Valoraranse coñecementos profesionais ou formación en xestión administrativa, atención ao público, aplicacións informáticas, grabación de datos, experiencia na atención a persoas con discapacidade.

Prazo de remate de recepción de CVs: 13 de abril de 2016

Enderezo de envío e/ou de entrega: delegación.vigo@feafesgalicia.org





Compartir contido