05/04/2017.

Oferta de emprego en Vigo

A presente oferta de emprego está vinculada á posible concesión de fondos a través da subvención do Programa de Axudas Municipais para o Fomento do Emprego na convocatoria 2017 dentro do Plan Local de Emprego 2017 do Concello de Vigo. 

Ante esta situación, FEAFES Galicia abre un proceso selectivo para un posto de traballo, concretando despois as características da contratación segundo o aporte outorgado a través da liña de subvenciones do Concello de Vigo.

Asociación que realiza a oferta: Saúde Mental FEAFES Galicia

Posto/s ofertados/s e perfil/s solicitado/s: 1 técnico auxiliar administrativo

Titulación: Ciclo Medio ou FP de 1º Grao da rama administrativa ou nivel de estudos equivalente

Requisitos xerais:

- Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016
- Inscrita como demandante de emprego no SPEG
- Posuír o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos: Valoraranse coñecementos profesionais ou formación en xestión administrativa, atención ao público, aplicacións informáticas, grabación de datos, experiencia na atención a persoas con discapacidade.

Prazo de remate de recepción de CV: 12 de abril de 2017

Enderezo de envío e/ou de entrega de CV: delegacion.vigo@feafesgalicia.org

Descarga a oferta de emprego aquí



Compartir contido